En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: María Digna García Bello e Antonio Pedrouzo Rodríguez.
DNI: ***0919** e ***9862**.
Expediente: DH.A15.97160.
Volume total anual: 1.357,78 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,043 l/s.
Destino: rega.
Orixe: dous mananciais.
Lugar: Chousa da Picariña.
Parroquia: Portomeiro (San Cosme).
Concello: Val do Dubra.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de dous mananciais, situados nas parcelas nº 362 e 360 do polígono 43, os cales reúnen o seu caudal no linde das dúas parcelas e discorren a ceo aberto ata a parcela 282, onde se bifurcan. Unha parte do caudal chega á parcela 291, onde se localiza unha presa con muro de formigón de 1,10 m de longo onde emboca un tubo de PVC de 9 cm que traslada o caudal ata unha arqueta de 66×66 cm e outra de 58×58 cm, e de aí a un depósito soterrado, e desde este por tubaxe de 40 mm de diámetro ata a parcela de uso de referencia catastral 002100200NH36A0000QO, onde se bombea a un depósito sobre pedestal. A outra parte do caudal discorre cara ao sur ata un depósito na parcela 285 e desde este condúcese para a rega da parcela de referencia 15089B507000840000DQ.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona
Hidrográfica Galicia Centro
