DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 27 de decembro de 2024 Páx. 67829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, pola que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2024/3377-3 e trece máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense, na avenida da Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, nº 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 11 de decembro de 2024

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/Equivalente

PR204A 2024/3377-3

44657520F

PR204A 2024/3665-3

76736859G

PR204A 2024/3933-3

34627099R

PR204A 2024/4399-3

12498518L

PR204A 2024/4792-3

55140812Z

PR204A 2024/4858-3

Y4982455W

PR204A 2024/4887-3

44477170T

PR204A 2024/4919-3

44493018R

PR204A 2024/4954-3

45158764N

PR204A 2024/4999-3

76721458J

PR204A 2024/5024-3

44470578D

PR204A 2024/5159-3

47369836W

PR204A 2024/5250-3

34591714J

PR204A 2024/5585-3

Z1572054D