DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 27 de decembro de 2024 Páx. 67827

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (microscopía), grupo III, en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 13 de febreiro de 2024.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 13 de febreiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (microscopía), grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no seu cadro de persoal laboral, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnica especialista de investigación, especialidade bioloxía (microscopía), a persoa que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, nas cales poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***2936**

López Valín, María del Pilar