Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e declarado o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 17 de setembro de 2024 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 27 de setembro de 2024 por medio da Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 20 de setembro de 2024),
Este reitorado resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Servizos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela.
O plan de estudos a que se refire a presente resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Servizos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela
Código RUCT: 3500263.
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.
Ámbito de coñecemento: Historia, arqueoloxía, xeografía, filosofía e humanidades.
Universidade participante: Universidade de Santiago de Compostela.
Modalidade de impartición: híbrida.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia
|
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
|
Obrigatorias (OB) |
33 |
|
Optativas (OP) |
15 |
|
Traballo de fin de máster (TFM) |
12 |
|
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster
|
Materia |
Carácter |
Créditos |
Módulo |
|
O Imaxinario Colectivo do Mundo Global: Retos da Sociedade Actual |
OB |
3 |
Fundamentos humanísticos |
|
Interculturalidade e Políticas Culturais |
OB |
6 |
|
|
Cultura Escrita, Patrimonio Documental e Paisaxe Histórica |
OB |
6 |
Patrimonios |
|
Patrimonio Arqueolóxico e Etnográfico con Dixitalización |
OB |
6 |
|
|
Patrimonio Cultural e a súa Normativa |
OB |
3 |
|
|
Escritura Académica e Divulgativa e Prácticas de Oratoria |
OB |
6 |
Saberes lingüísticos instrumentais |
|
Linguas Internacionais para a Comunicación Cultural. Francés (1) |
OB |
3 |
|
|
Linguas Internacionais para a Comunicación Cultural. Inglés (1) |
|||
|
Linguas Internacionais para a Comunicación Cultural. Portugués (1) |
|||
|
Cultura Oral: Investigación, Recuperación e Xestión |
OP |
3 |
Especialidade Políticas Culturais Contemporáneas |
|
Xestión da Diversidade Lingüística |
OP |
3 |
|
|
Migracións Contemporáneas e Diversidade Cultural |
OP |
3 |
|
|
Políticas de Xénero e Xestión Cultural |
OP |
3 |
|
|
Procesos de Patrimonialización da Literatura |
OP |
3 |
|
|
Análise Económica dos Eventos Culturais e Comunicación en Cultura |
OP |
3 |
Especialidade Industrias Culturais |
|
Cultura e Artes na Era Global |
OP |
3 |
|
|
Desenvolvemento Local e Territorial |
OP |
3 |
|
|
Deseño de Eventos e Rutas Culturais |
OP |
3 |
|
|
Xestión de Proxectos Culturais |
OP |
3 |
|
|
Traballo de Fin de Máster |
OB |
12 |
Traballo de fin de máster e prácticas externas |
|
Prácticas externas |
OP |
6 |
|
|
Total créditos ofertados |
81 |
(1)Para elixir unha delas
Especialidades:
O título de máster en Servizos Culturais inclúe a posibilidade de que o alumnado opte entre dúas especialidades:
– Políticas Culturais Contemporáneas.
– Industrias Culturais.
Os módulos das especialidades supoñen a realización de 15 créditos ECTS optativos. Hai dúas vías para obter algunha destas especialidades: ou ben, cursando os 15 créditos optativos ofertados en cada unha delas, ou ben facendo 9 deses créditos optativos ofertados e a materia optativa de 6 créditos de prácticas externas, sempre e cando as prácticas estean vinculadas coa especialidade elixida.
Existe a posibilidade de que o alumnado obteña o título sen necesidade de ter unha especialidade, combinando materias optativas de ambas as especialidades ata un total de 15 créditos, ou ben materias de ambas as especialidades ata un total de 9 créditos e 6 créditos de prácticas externas, neste caso sen vinculación coa especialidade.
