DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 27 de decembro de 2024 Páx. 67774

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2024 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e declarado o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 17 de setembro de 2024 (publicado no Boletín Oficial del Estado de 27 de setembro de 2024 por medio da Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 20 de setembro de 2024),

Este reitorado resolve publicar o plan de estudos conducentes á obtención do título oficial de máster universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia pola Universidade de Santiago de Compostela.

O plan de estudos a que se refire a presente resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia pola Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 3500264.

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Ámbito de coñecemento: Xornalismo, comunicación, publicidade e relacións públicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

33

Optativas (OP)

15

Traballo fin de máster (TFM)

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Audiencias e Consumos Informativos

OB

6

Materias obrigatorias

Curación de Contidos, Xestión e Visualización de Datos

OB

3

Desafíos en Comunicación: Como Afrontalos

OB

6

Innovación Xornalística: Novos Formatos, Produtos e Soportes

OB

6

Narrativas Xornalísticas: Novos Xéneros e Linguaxes

OB

6

Xornalismo e Comunicación Híbridos na Sociedade Líquida

OB

3

Tendencias nos Modelos de Negocio do Xornalismo

OB

3

Laboratorio de Comunicación en Democracia

OP

3

Especialidade en Análise e Estratexias do Xornalismo e a Comunicación Multimedia

Laboratorio de Contidos Informativos

OP

3

Métodos de Investigación en Comunicación e Xornalismo Dixitais

OP

3

Xornalismo en Cambio: Adaptación ao Escenario Dixital

OP

3

Xornalismo e Comunicación Multimedia: Xestión e Estratexias

OP

3

Deseño e Planificación de Proxectos

OP

3

Especialidade en Deseño de Proxectos e Emprendemento Xornalístico no Contorno Multimedia

Laboratorio de Xestión e Avaliación de Proxectos Multimedia

OP

3

Laboratorio de Produtos Multimedia

OP

3

Métodos e Técnicas de Investigación para a Xestión de Produtos Multimedia

OP

3

Novos Escenarios Informativos

OP

3

Prácticas en Empresa

OP

12

Prácticas en empresa

Traballo de Fin de Máster

OB

12

Traballo de fin de máster

Total créditos ofertados

87

Complementos de formación:

O alumnado procedente de graos de artes e humanidades ou ciencias sociais e xurídicas diferentes ao ámbito de xornalismo, comunicación audiovisual, publicidade e relacións públicas terá que cursar os complementos formativos establecidos:

Materia

Carácter

Créditos

Introdución á Comunicación Xornalística Dixital

OP

6

Introdución á Comunicación Audiovisual Dixital

OP

6

Total créditos

12

Especialidades:

O título de máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia ofrece a posibilidade de que o alumnado opte entre dúas especialidades:

– Especialidade en Análise e Estratexias do Xornalismo e a Comunicación Multimedia.

– Especialidade en Deseño de Proxectos e Emprendemento Xornalístico no Contorno Multimedia.

Cada unha delas conta con cinco materias optativas (15 ECTS en total). Para obter a especialidade, débese completar o itinerario optativo correspondente.

Non é obrigatorio cursar unha especialidade, polo que o/a estudante pode optar por titularse sen especialidade.