Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e declarado o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 17 de setembro de 2024 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 27 de setembro de 2024, por medio da Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 20 de setembro de 2024),
Este reitorado resolve publicar o plan de estudos conducentes á obtención do título oficial de máster universitario Erasmus Mundus en Lexicografía/European Master in Lexicography (EMJM-EMLex) pola Universidade de Santiago de Compostela; Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg (Alemaña); Ilia State University (Xeorxia); Károli Gáspár Református Egyetem (Hungría); Universidade do Minho (Portugal); Università degli Studi di Roma Tre (Italia); Universität Hildesheim (Alemaña) e Université de Lorraine (Francia).
O plan de estudos a que se refire a presente resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario Erasmus Mundus en Lexicografía/European Master in Lexicography (EMJM-EMLex) pola Universidade de Santiago de Compostela; Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg (Alemaña); Ilia State University (Xeorxia); Károli Gáspár Református Egyetem (Hungría); Universidade do Minho (Portugal); Università degli Studi di Roma Tre (Italia); Universität Hildesheim (Alemaña) e Université de Lorraine (Francia)
Código RUCT: 3500427
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.
Ámbito de coñecemento: Filoloxía, estudios clásicos, tradución e lingüística.
Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela; Universität Hildesheim; Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg; Ilia State University; Károli Gáspár Református Egyetem; Universidade do Minho; Università degli Studi di Roma Tre; Université de Lorraine.
Modalidade de impartición: presencial.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
|
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
|
Obrigatorias (OB) |
40 |
|
Optativas (OP) |
40 |
|
Prácticas externas obrigatorias (PAE) |
10 |
|
Traballo fin de máster (TFM) |
30 |
|
Créditos totais |
120 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster.
|
Materia |
Carácter |
Créditos |
Módulo |
|
Fundamentos Básicos da Lexicografía |
OB |
10 |
Módulo básico: fundamentos básicos |
|
Panorama da Lexicografía Monolingüe, Bilingüe e Multilingüe das Linguas Románicas |
OB |
5 |
|
|
E-Lexicografía Monolingüe, Bilingüe e Multilingüe das Linguas Románicas |
OB |
5 |
|
|
Lingua: Alemán |
OP |
5 |
Módulo básico: destrezas xerais |
|
Lingua: Inglés |
OP |
5 |
|
|
Outras Linguas |
OP |
5 |
|
|
Informática |
OP |
5 |
|
|
Metalexicografía |
OP |
5 |
Módulo avanzado: interdisciplinariedade e aplicacións |
|
Historia da Lexicografía |
OP |
5 |
|
|
Modelado e Representación de Datos na Lexicografía Dixital |
OP |
5 |
|
|
Investigación no Uso do Dicionario |
OP |
5 |
|
|
Lexicografía Especializada e Terminoloxía |
OP |
5 |
|
|
Lexicografía Computacional |
OP |
5 |
|
|
Dicionarios e Tradución |
OP |
5 |
|
|
Lexicografía e Lexicoloxía |
OP |
5 |
|
|
Planificación e Deseño de Dicionarios |
OP |
5 |
|
|
Lexicografía Didáctica |
OP |
5 |
|
|
Selección de Problemas do Dicionario, da Lexicografía e da Investigación de Dicionarios |
OB |
10 |
Módulo de especificación: cuestións de lexicografía teórica e práctica |
|
Recursos e Ferramentas con Aplicación Lexicográfica: Uso e Deseño I |
OB |
5 |
|
|
Recursos e Ferramentas con Aplicación Lexicográfica: Uso e Deseño II |
OB |
5 |
|
|
Prácticum |
OB |
10 |
|
|
Traballo Fin de Máster |
OB |
30 |
Módulo de especificación: TFM |
|
Total créditos ofertados |
150 |
||
