En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse as persoas citadas no dito anexo, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para a notificación dos requirimentos de emenda de solicitudes ditados nos procedementos que se indican competencia deste departamento territorial.
No prazo de dez días (10) hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do acto que se notifica, advertíndolles que, de non facelo así, se terán por practicada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atenderen o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
Vigo, 27 de novembro de 2024
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
|
Procedemento/nº de expediente |
Persoa interesada DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do acto administrativo |
|
BS210A/PO-118079 |
76845858Y |
Requirimento de emenda da solicitude |
27.9.2024 |
|
BS210A/VI-115903 |
76888715Z |
Requirimento de emenda da solicitude |
11.7.2024 |
|
BS210A/PO-114558 |
33153487E |
Requirimento de emenda da solicitude |
21.5.2024 |
|
BS210A/PO-96736 |
29379843B |
Requirimento de emenda da solicitude |
19.4.2024 |
|
BS210A/PO-112837 |
35236556G |
Requirimento de emenda da solicitude |
12.3.2024 |
|
BS210A/VI-91133 |
X1910779P |
Requirimento de emenda da solicitude |
29.2.2024 |
