DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 30 de decembro de 2024 Páx. 68553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 28 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente PO-110987 e seis máis).

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse as persoas citadas no dito anexo, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para a notificación das resolucións ditadas nos procedementos que se indican, competencia deste departamento territorial.

No prazo de dez días (10) hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na praza da Estrela s/n, 3º andar, de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do acto que se notifica; advírtese que, de non facelo así, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse reclamación previa dentro dos 30 días seguintes ao da súa notificación, practicada por comparecencia, dirixida á persoa titular do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, conforme o artigo 71.2 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro).

Vigo, 28 de novembro de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/PO-110987

35428741R

Resolución tendo por desistida a solicitude

11.7.2024

BS210A/VI-107924

36046026N

Resolución tendo por desistida a solicitude

25.6.2024

BS210A/PO-107900

54230230W

Resolución tendo por desistida a solicitude

25.6.2024

BS210A/PO-108724

35267999Y

Resolución tendo por desistida a solicitude

3.4.2024

BS210A/VI-107839

35665645M

Resolución tendo por desistida a solicitude

3.4.2024

BS210A/VI-108694

35992828J

Resolución tendo por desistida a solicitude

3.4.2024

BS210A/VI-107195

36152953N

Resolución tendo por desistida a solicitude

3.4.2024