Expediente: IN407A 2024/012-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS ATI701, ATI729 e substitución CT Polígono A Granxa 3 por CTS.
Concello: O Porriño.
Feitos:
1. O 15.1.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS ATI701, ATI729 e substitución CT Polígono A Granxa 3 por CTS.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e no que figura un orzamento total de 101.204,06 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no polígono industrial A Granxa, na parroquia de San Salvador de Budiño, no concello do Porriño (Pontevedra):
– Retirada do centro de transformación subterráneo Polígono A Granxa 3 (36SBF8) de 400 kVA debido ao mal estado da súa envolvente de obra civil.
– Desmontaxe dos tramos subterráneos ATI7290055 (16 metros), ATI7010140 (10 metros) e ATI7010165 (9 metros).
– Instalación dun novo centro de transformación de 630 kVA en edificio prefabricado de formigón subterráneo de ventilación vertical de manobra interior 3L1P telecontrolado con GPRS/FO con telexestión BT, conectado ao tramo de liña de media tensión subterránea (LMTS) ATI7010140 e situado na parcela con referencia catastral 36039A055090210000DZ.
– Instalación dunha LMTS de 38 metros de lonxitude para alimentar o centro de transformación proxectado.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello do Porriño, a Demarcación de Estradas do Estado e o Consorcio Zona Franca de Vigo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello do Porriño e pola Demarcación de Estradas do Estado.
O Consorcio Zona Franca de Vigo non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.
3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a resolución do 2.4.2024 publicada nos seguintes medios:
– DOG (Diario Oficial de Galicia): 25.4.2024.
– Xornal Faro de Vigo: 19.4.2024.
– Taboleiro de anuncios do Concello do Porriño, desde o 12.4.2024 ata o 8.5.2024, segundo o certificado emitido polo propio concello.
– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 25 metros de lonxitude, con orixe na LMTS ATI7010140 e final no centro de transformación proxectado.
– LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 13 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado e final na LMTS ATI7010165.
– LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 16 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS ATI290055.
– Centro de transformación subterráneo a 630 kVA con relación de transformación 15 kV/400 V, situado baixo a rotonda existente na intersección da avenida Principal coa rúa San Simón, na parcela con referencia catastral 36039A055090210000DZ.
– Desmontaxe do centro de transformación Polígono A Granxa 3.
– A instalación está situada no polígono industrial A Granxa, en San Salvador de Budiño, no municipio do Porriño (Pontevedra).
Conforme ao indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS ATI701, ATI729 e substitución CT Polígono A Granxa 3 por CTS, expediente IN407A 2024/012-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 4 de decembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-Concello do Porriño
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
CT m2 |
Afeccións |
|
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
|
1 |
Estrada O Porriño |
Rústico |
36039A055090210000DZ |
Descoñecido/a |
29,25 |
26,00 |
46,33 |
