A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 6 de novembro de 2024, ditou resolución pola que se ordena a inmediata suspensión das obras realizadas en solo rústico, expediente PO-0395-2024.
Ao ser/en a/as persoa/s interesada/s descoñecida/s, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase, para xeral coñecemento, a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á/ás persoa/s interesada/s que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase efectuada.
Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a/as persoa/s interesada/s pode/n interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce/n o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode/n interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 9/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste, e lle/s sirva de notificación á/ás persoa/s interesada/s en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística
