A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 5 de novembro de 2024, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística por obras realizadas en solo rústico, expediente PO-0395-2024.
Ao ser/en a/as persoa/s interesada/s descoñecida/s, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase, para xeral coñecemento, o devandito acordo de incoación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle/s saber á/ás persoa/s interesada/s que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
A/as persoa/s interesada/s disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e as xustificacións que considere/n pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda/n valerse.
Para que conste, e lle sirva de notificación á/ás persoa/s interesada/s, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
