No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 295, do 23 de decembro de 2024, publicáronse a convocatoria e as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a unha praza vacante de persoal funcionario no Concello de Viveiro, incluída na oferta de emprego público do ano 2022, que a seguir se sinala:
Acceso libre:
|
Grupo |
Natureza |
Clasificación |
Núm. de prazas |
Correspondencia posto RPT |
|
C1 |
Funcionario |
Escala Administración xeral, subescala administrativa. |
1 |
Administrativo (SX1.0/004) |
O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios dixital da Corporación, nos termos establecidos nas bases.
Viveiro, 23 de decembro de 2024
María Loureiro García
Alcaldesa
