A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. é unha sociedade mercantil pública autonómica do artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. O artigo 2 da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, encoméndalle a xestión do servicio público de comunicación audiovisual de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, que o artigo 5 cualifica como un servizo esencial de interese económico xeral.
O artigo 12 da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, establece que a oferta de emprego público se adaptará aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal e require da autorización do Consello da Xunta de Galicia, logo de proposta da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e informe favorable da Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico.
Así mesmo, conforme o disposto no artigo 110, alínea e), da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a competencia para aprobar a oferta de emprego público da CRTVG correspóndelle ao órgano competente conforme os estatutos da propia Corporación.
Na súa virtude, tras a negociación dos criterios xerais desta oferta de emprego público coa representación legal do persoal da CRTVG, logo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 2 de decembro de 2024, ditado ao abeiro do disposto no artigo 12.cinco da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, no exercicio das atribucións conferidas polo artigo 26 da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar e publicar a oferta de emprego público correspondente a distintas categorías de persoal laboral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para o ano 2024.
Segundo. Determinar e cuantificar esta oferta segundo figura no anexo I, onde se establecen as prazas con asignación orzamentaria por categoría derivadas da taxa de reposición de efectivos e as prazas que se destinan á quenda de promoción interna do persoal laboral fixo, que serán obxecto de convocatoria separada.
Terceiro. Publicar as convocatorias das prazas ofertadas dentro dos prazos fixados pola normativa básica.
Cuarto. Considerar como criterios xerais polos que se regularán os procesos selectivos que se executen para o cumprimento desta oferta os derivados da aplicación, por un lado, da normativa básica contida na disposición adicional primeria do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; na disposición adicional segunda da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na cal con tal carácter se dicte e lles sexa aplicable ás sociedades mercantís públicas. Por outro lado, hai que ter en conta tamén como criterios de regulación o disposto no artigo 31 da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, e os recollidos no Convenio colectivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e a súa sociedade (DOG núm. 167, do 2 de setembro de 2015). Así mesmo, inclúese a posibilidade de incorporar os criterios que establezca a nova normativa que se dite e sexa aplicable ata a data de publicación das bases da convocatoria.
Quinto. Esta resolución é susceptible de impugnación ante os xulgados e tribunais da orde xurisdicional que resulte competente.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024
Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.
ANEXO I
Prazas da oferta de emprego da CRTVG correspondentes ao exercicio 2024
|
Nivel |
Categoría |
Quenda libre |
Promoción interna |
|
1 |
Produtor/a |
1 |
|
|
1 |
Realizador/a |
2 |
|
|
1 |
Redactor/a |
2 |
|
|
3 |
Técnico/a de administración |
2 |
|
|
3 |
Técnico/a de sistemas |
1 |
|
|
4 |
Reporteiro/a gráfico/a |
1 |
1 |
|
4 |
Técnico/a de control |
1 |
1 |
|
5 |
Axudante de realización |
3 |
|
|
5 |
Técnico/a de son |
1 |
1 |
|
5 |
Técnico/a de iluminación |
1 |
|
|
6 |
Oficial administrativo/a |
1 |
|
|
Total |
10 |
9 |
|
