Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra no expediente sancionador PO-02534-O-2024 e dous máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra.
Outorgáselles un prazo quince días (15) hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días (30) contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Pontevedra, 16 de decembro de 2024
Manuel Santanto Gómez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF denunciado |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
PO-02534-O-2024 GR-3574-AY |
Y8100406G |
Exceso de peso igual ou superior ao 25 % 1.7.2024; 8.29.00 PO-531; 4,5 |
Artigo 140.23 da LOTT Artigo 197.26 do ROTT |
Artigo 143.1.c) da LOTT Artigo 201.h) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
2.001,00 euros |
|
PO-02614-O-2024 OR-3364-T |
X3702331K |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 17.2.2024; 8.30.00 PO-840; 67,9 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801,00 euros |
|
PO-02878-O-2024 B-6223-TU |
21753649L |
Exceso de peso igual ou superior ao 9 % 28.8.2024; 14.25.00 PO-11; 4,0 |
Artigo 141.2 LOTT Artigo 198.2 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.f) do ROTT |
900,00 euros |
