DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 31 de decembro de 2024 Páx. 69376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 16 de decembro de 2024, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-03848-O-2023).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola persoa titular do Departamento Territorial de Pontevedra nos expedientes sancionadores número PO-03848-O-2023, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Pontevedra, 16 de decembro de 2024

Manuel Santano Gómez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-03848-O-2023

4632-HFZ

X7175792E

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como transportador/a ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.

19.5.2023; 13.38.00; AP-9; 137,683

Artigo 142.1 da LOTT

Artigo 199.1 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.c) do ROTT

301 euros