DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 31 de decembro de 2024 Páx. 69431

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO da convocatoria e das bases dos procesos selectivos de un peón de servizos múltiples e un oficial de servizos múltiples correspondentes á oferta de emprego público de 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 278, do 2 de decembro de 2024, publícanse integramente as bases para prover, mediante concurso oposición, as prazas de persoal laboral fixo correspondentes á oferta de emprego público de 2021 (DOG núm. 29, do 11 de febreiro de 2022 e DOG núm. 148, do 4 de agosto de 2023), que se relacionan:

Grupo

Subgrupo

Clasificación

Nº de vacantes

Denominación

Sistema de acceso

AP

E

Laboral fixo

1

Operario/a de servizos múltiples

Libre

C

C2

Laboral fixo

1

Oficial de servizos múltiples

Promoción interna

O prazo de presentación de instancias é de vinte (20) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios desta entidade e na sede electrónica do concello https://lancara.sedelectronica.gal

Láncara, 3 de decembro de 2024

Darío A. Piñeiro López
Alcalde