Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 349/2024, do 26 de decembro, deste Concello, resolveuse:
Primeiro Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2024. O proceso selectivo correspondente deberase convocar no prazo improrrogable de tres anos, contado desde a data da publicación da oferta de emprego público, que inclúe as seguintes prazas:
Persoal funcionario
|
Código RPT |
Corpo/escala |
Descrición da praza |
Nivel |
Complemento específico (14 pagas) |
Dotación |
|
01.01.00.01 |
Administrativo/a |
Administrativo/a xefe/a de unidade |
22 |
9.643,72 € |
1 |
Persoal laboral fixo
|
Código RPT |
Corpo/escala |
Descrición da praza |
Grupo |
Retribucións complementarias (14 pagas) |
Dotación |
|
02.00.00.03 |
Segundo o convenio |
A.E.D.L |
II |
14.124,16 € |
1 |
Segundo. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios e na sede electrónica da Corporación (https://sede.touro.gal), en cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
Terceiro. Dar traslado da presente resolución á Delegación do Goberno en Galicia e á Xunta de Persoal do Concello de Touro.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pode interpoñer potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución ou, de ser o caso, conforme o establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo da Coruña ou, de ser o caso, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados de data a data a partir do día da notificación da presente resolución.
Se opta polo recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.
Quinto. Dar conta da presente resolución ao Pleno da Corporación, na primeira sesión ordinaria que se celebre, en cumprimento do disposto no artigo 42 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
Touro, 26 de decembro de 2024
Roberto Castro Rocamonde
Alcalde presidente
