DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2025 Páx. 127

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2024 pola que se informa do resultado da convocatoria, para o ano 2024, de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (código de procedemento IN421J).

De conformidade coa Resolución do 6 maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, para o ano 2024, de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (código de procedemento IN421J), publicada no DOG núm. 96, do 20 de maio de 2024, código BDNS 761240, e tendo en conta o seguinte:

Primeiro. No artigo 9.2 da devandita resolución estableceuse que as solicitudes debían presentarse no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG ás 9.00 horas, e visto que no prazo establecido non se presentou ningunha solicitude de axuda,

RESOLVO:

Declarar deserta a convocatoria para o ano 2024 de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (código de procedemento IN421J), código BDNS 659080.

De conformidade co previsto no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a presidenta da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia