DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2025 Páx. 149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 16 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Rodman Polyships, S.A.U., para a factoría de construción e reparación de buques situada no concello de Moaña (Pontevedra) (expediente 2021-IPPC-M-4).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: factoría de construción e reparación de buques

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titulares: Rodman Polyships, S.A.U.

Núm. rexistro AAI: 2007/027_NAA/IPPC_166

Localización: concello de Moaña (Pontevedra)

Expediente: 2021-IPPC-M-4

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade