DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2025 Páx. 144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 19 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto da LAT 132 kV evacuación parque eólico Uxo, situada nos concellos de Avión, na provincia de Ourense, e A Lama, na provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/174).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

• Solicitante: Naturgy Renovables, S.L.U.; CIF: B 84160423.

• Denominación do proxecto: LAT 132 kV evacuación parque eólico Uxo.

• Situación: concellos de Avión (Ourense) e A Lama (Pontevedra).

• Potencia: 98.575 kVA.

• Prazo de execución: 6 meses.

• Orzamento de execución material: 781.295,17 €.

• Características técnicas recollidas no proxecto:

Liña eléctrica aérea de alta tensión, 132 kV, que constará dun simple circuíto en condutor LA-180 tendido sobre 25 apoios metálicos de celosía, con orixe na SET do parque eólico Uxo (expediente IN408A 2018/05) e fin no apoio 26 da LAT Monte Peón (expediente IN408A 2020/170). A súa lonxitude será de 5.884 m.

Coordenadas UTM de localización dos apoios da LAT (fuso 29 ETRS89):

Apoio número

X

Y

Pórtico SET Uxo

557.277,61

4.694.586,25

1

557.247,56

4.694.561,00

2

557.206,45

4.694.591,26

3

557.258,65

4.694.866,96

4

557.179,94

4.695.153,51

5

557.101,96

4.695.437,38

6

556.895,81

4.695.672,08

7

556.739,07

4.696.009,77

8

556.714,27

4.696.243,20

9

556.860,73

4.696.505,11

10

557.003,91

4.696.590,32

11

557.139,39

4.696.670,95

12

557.167,59

4.696.860,37

13

556.784,69

4.697.159,94

14

556.506,05

4.697.179,44

15

556.298,56

4.697.193,96

16

556.117,15

4.697.316,50

17

555.884,16

4.697.473,89

18

555.691,29

4.697.604,17

19

555.369,01

4.697.654,26

20

555.072,45

4.697.700,35

21

554.774,52

4.697.746,65

22

554.532,75

4.697.784,23

23

554.474,14

4.697.777,70

24

554.387,04

4.697.865,45

25

554.405,35

4.697.972,67

AP 26 LAT Monte Peón

554.410,61

4.697.987,49

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental das instalacións de referencia. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (outubro 2024-visado o 5.11.2024).

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados (RBDA-outubro 2024).

3. O estudo de impacto ambiental (EIA) (maio 2023).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentación das alegacións ou observacións que se consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Toda a documentación poderá examinarse nos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º andar, 32003 Ourense, e na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4ª planta, 36071 Pontevedra), nos concellos afectados e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

Ourense, 19 de novembro de 2024

Mª José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados pola LAT LAT 132 kV evacuación PE Uxo (IN408A 2020/174),
nos concellos de Avión (Ourense) e A Lama (Pontevedra)

Liñas de evacuación (pleno dominio)

Liñas de evacuación (servidume)

Liñas de evacuación (ocupación temporal)

ID

Datos catastrais

Datos identificativos

Apoios da liña (evacuación)

Voo da liña eléctrica

Accesos a cada un dos apoios

Liña eléctrica: círculo de afección de apoios

Nº de predio

Provincia

Concello

Lugar

Tipoloxía

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Titulares

Nº de apoio

Sup. (m²)

Sup.

(m²)

Sup.

(m²)

Sup.

(m²)

1

Ourense

Avión

Monte comunal de Couso

Piñeiral madeireiro

73

659

32005A073006590000FR

CMVMC da parroquia de Couso

1, 2 e 3

145,75

6.602,36

973,46

1.129,31

2

Ourense

Avión

Monte comunal de Couso

Matogueira

73

654

32005A073006540000FT

CMVMC da parroquia de Couso

4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10

139,95

31.433,81

5.726,20

2.922,40

3

Ourense

Avión

Monte comunal de Couso

Matogueira

73

652

32005A073006520000FP

CMVMC da parroquia de Couso

11 e 12

123,92

12.532,49

1.622,11

795,36

4

Ourense

Avión

Monte comunal de Couso

Matogueira

73

653

32005A073006530000FL

CMVMC da parroquia de Couso

 

 

889,91

 

 

5

Ourense

Avión

Muiñeiro

Matogueira

73

648

32005A073006480000FQ

María Orentina Boullosa García

 

 

276,10

 

 

6

Ourense

Avión

Muiñeiro

Matogueira

73

651

32005A073006510000FQ

CMVMC da parroquia de Couso

 

 

239,04

 

 

7

Ourense

Avión

Muiñeiro

Matogueira

73

650

32005A073006500000FG

CMVMC da parroquia de Couso

 

 

325,19

 

 

8

Ourense

Avión

Muiñeiro

Matogueira

73

649

32005A073006490000FP

María Orentina Boullosa García

 

 

155,59

 

 

9

Ourense

Avión

Monte comunal de Couso

Matogueira e piñeiral madeireiro

66

220

32005A066002200000FE

CMVMC da parroquia de Couso

13, 14, 15, 16 e 17

96,78

20.480,32

9.312,06

2.153,43

10

Ourense

Avión

Monte comunal de Couso

Matogueira e piñeiral madeireiro

66

509

32005A066005090000FH

CMVMC da parroquia de Couso

 

 

 

21,58

 

11

Ourense

Avión

Monte comunal de Couso

Piñeiral madeireiro

66

515

32005A066005150000FB

CMVMC da parroquia de Couso

18

19,80

1.330,73

123,53

440,50

12

Ourense

Avión

Monte comunal de Couso

Matogueira

66

516

32005A066005160000FY

CMVMC da parroquia de Couso

19

19,80

5.235,42

1.289,25

434,96

13

Ourense

Avión

Fonte Regueiro

Piñeiral madeireiro

66

514

32005A066005140000FA

CMVMC da parroquia de Couso

20

13,76

7.410,78

987,06

444,17

14

Ourense

Avión

Monte comunal de Couso

Matogueira

66

517

32005A066005170000FG

CMVMC da parroquia de Couso

 

 

 

1.064,03

 

15

Ourense

Avión

Monte de Liñares

Matogueira

47

23

32005A047000230000FA

José Martínez Amaro e irmáns

21

14,52

4.163,35

703,43

427,49

16

Pontevedra

A Lama

Monte

Matogueira

31

1228

36025A031012280000GS

Comunidade de montes da parroquia de Seixido, A Lama

 

 

1.251,83

404,18

 

17

Ourense

Avión

Monte de Liñares

Matogueira

47

19

32005A047000190000FW

José Martínez Amaro e irmáns

 

 

 

458,79

 

18

Pontevedra

A Lama

Monte

Matogueira e piñeiral madeireiro

31

1230

36025A031012300000GE

Comunidade de montes da parroquia de Seixido, A Lama

22, 23, 24 e 25

211,60

3.210,25

1.980,31

1.517,32