DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2025 Páx. 143

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2024 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Medicina.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 9 de outubro de 2024 (BOE do 19 de outubro), para a provisión da praza número 24/012 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Medicina, departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas desta universidade, a favor de Ana Belén Maseda Rodríguez, con DNI núm. ***7537** e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana Belén Maseda Rodríguez profesora titular de universidade da área de coñecemento de Medicina, departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas desta universidade.

No prazo máximo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 16 de decembro de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado