En sesión que tivo lugar o 26 de decembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 12 de novembro de 2024 (DOG núm. 221, do 15 de novembro), para cualificar o proceso de elaboración das listas para a contratación de persoal docente do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Elevar a definitiva a listaxe coas puntuacións dos postos de profesor/a de Teoría de servizos, profesor/a de Prácticas de servizos e profesor/a de Hixiene, dietética e nutrición, que poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia: https://www.turismo.gal/espazo-institucional
Segundo. Propoñer ao director da Axencia de Turismo de Galicia as listas de espera para a cobertura, con carácter temporal, dos postos de profesor/a de Teoría de servizos, profesor/a de Prácticas de servizos e profesor/a de Hixiene, dietética e nutrición, do Centro Superior de Hostalería de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2024
Nuria Sánchez Vázquez
Presidenta do tribunal
