A Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.
O anterior exercicio realizouse o día 17 de novembro de 2024.
Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo ao que se fai referencia no parágrafo primeiro, polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador, e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería
DISPÓN:
A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, en vinte (20) días hábiles.
Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
