En sesión que tivo lugar o 13 de decembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG do 2 de xaneiro de 2024), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (DOG do 7 de xullo de 2023),
ACORDA:
Primeiro. Desestimar as dúas alegacións presentadas á cualificación do exercicio terceiro na súa totalidade.
Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2024
Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal
