DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2025 Páx. 184

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 23 de decembro de 2024 pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A disposición derradeira segunda do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, establece que o seu anexo pode ser modificado mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

A primeira modificación do dito anexo fíxose pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 10 de marzo de 2021, pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 61, do 31 de marzo).

A segunda modificación fíxose pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 27 de novembro de 2023, pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 231, do 5 de decembro).

O 11 de marzo de 2024 publícase a corrección de erros da Orde do 27 de decembro de 2023 no que respecta á denominación da escala de axentes de inspección, especialidade de dominio público hidráulico (DOG núm. 50, do 11 de marzo).

Esta orde responde ao obxectivo de engadir a escala técnica de mantemento de servizos e a escala técnica de recursos naturais e forestais para a funcionarización de determinadas categorías do grupo III; permitir que o persoal da categoría 99 (coidador/a a extinguir) do grupo III e da categoría 04 do grupo IV (auxiliar fogar...) que dispoña da titulación habilitante para o acceso á escala de auxiliares de clínica poida optar pola súa funcionarización na escala auxiliar de coidadores ou na escala de auxiliares de clínica do subgrupo C2, e corrixir a denominación da equivalencia das categorías V10B e V10C para adaptala ao recollido no cadro 4.bis da disposición adicional novena da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Esta norma cumpre os principios de boa regulación establecidos no artigo 37.a) da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, e no artigo 129.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así, o principio de necesidade desta norma vén determinado pola necesidade de dar cumprimento ás disposicións da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, relativas a que os postos deben ser cubertos por persoal funcionario, así como para homoxeneizar o réxime xurídico e nas condicións de traballo aplicables a este; respéctase o principio de proporcionalidade, xa que a modificación introducida deriva do desenvolvemento do propio proceso de funcionarización e supón unha maior simplificación e integración da normativa vixente; o principio de seguridade xurídica garántese toda vez que esta norma se aproba en exercicio da habilitación normativa prevista na disposición derradeira segunda do Decreto 165/2019, do 26 de decembro; así mesmo, respéctase o principio de transparencia, promovéndose a máis ampla participación da cidadanía, así como o principio de accesibilidade; finalmente, en virtude dos principios de simplicidade e eficacia, e dentro do obxectivo de simplificación administrativa da normativa aplicable, evítanse as cargas administrativas innecesarias ou accesorias.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, a disposición derradeira segunda do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, e demais disposicións de xeral aplicación, de acordo co Consello Consultivo

ACORDO:

Artigo único. Modificación do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia

Modifícase o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, que queda redactado como segue:

ANEXO

Equivalencias entre as categorías profesionais de persoal laboral e as escalas de persoal funcionario

Grupo I.

Categoría profesional persoal laboral

Escala de persoal funcionario equivalente

I-02:Titulado/a superior médico/a

I-25: Titulado/a superior médico/a (especialidade medicina deportiva)

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de facultativos, especialidade de medicina (subgrupo A1)

I-03:Titulado/a superior químico/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de ciencias, especialidade de química (subgrupo A1)

I-10: Titulado/a superior biólogo/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de ciencias, especialidade de bioloxía (subgrupo A1)

I-01: Director/a de residencia. Director/a centro educativo. Director/a de residencia xuvenil. Técnico/a deportivo/a. Xefe/a internado/a

Corpo superior da Administración xeral da C.A. de Galicia (subgrupo A1) ou calquera outra escala ou especialidade do subgrupo A1

I-04: Titulado/a superior

I-09: Titulado/a superior economista

I-14: Titulado/a superior sociólogo/a

I-19: Titulado/a superior especialista. Farmacéutico/a

I-21: Técnicos/as de protocolo

I-23: Documentalista

I-27: Coordinador/a de actividades externas

I-29: Xefe/a do Departamento de Persoal e Xestión Económico-Administrativa do IGAEM

I-30: Relacións públicas do IGAEM

I-31: Titulado/a superior de formación ocupacional

I-05: Titulado/a superior veterinario/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1)

I-06: Titulado/a superior psicólogo/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía (subgrupo A1)

I-11: Titulado/a superior pedagogo/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administracion xeral da C.A. de Galicia, escala de facultativos, especialidade de pedagoxía (subgrupo A1)

I-17: Bibliotecario/a

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas (subgrupo A1)

I-18: Licenciado/a informático/a

Corpo superior da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información (subgrupo A1)

I-37: Titulado/a superior ambiental

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de ciencias, especialidade bioloxía, ou especialidade química, ou especialidade ciencias do mar (subgrupo A1)

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de montes (subgrupo A1)

I-38: Técnico/a superior en defensa contra incendios

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administracion xeral da C.A. de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes (subgrupo A1)

I-40: Titulado/a superior lingüista

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administraciuón xeral da C.A. de Galicia, escala de expertos/as lingüistas (subgrupo A1)

Grupo II.

Categoría profesional persoal laboral

Escala de persoal funcionario equivalente

II-01: Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa xuventude. Director/a de centro. Director/a clínica deportiva. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM

Corpo de xestión da Administración xeral da C.A. de Galicia (subgrupo A2) ou calquera outra escala ou especialidade do subgrupo A2

II-07: Titulados/as de grao medio

II–21: Monitor/a ocupacional

II-37: Titulado/a medio de formación ocupacional

II-02: ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración Xeral da C.A. de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade de enfermaría (subgrupo A2)

II-06: Educador/a profesor/a especial

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade educador social (subgrupo A2)

II-08: Director/a de gardaría infantil

II-40: Mestre/a especialista en educación infantil

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade educador infantil (subgrupo A2)

II-11: Fisioterapeuta

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia (subgrupo A2)

II-13: Logopeda

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade de logopedia (subgrupo A2)

II-17: Asistente/a social

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade de traballo social (subgrupo A2)

II-20: Terapeuta ocupacional

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia- escala de técnicos facultativos, especialidade de terapia ocupacional (subgrupo A2)

II-27: Técnico/a superior diplomado/a en informática

Corpo de xestión da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de xestión de sistemas de informática (subgrupo A2)

II-31: Restaurador/a

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica de restauración, especialidade de documentos gráficos ou especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos (subgrupo A2)

II-39: Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal (subgrupo A2)

II-41: Técnico/a ambiental

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal (subgrupo A2)

Grupo III.

Categoría profesional persoal laboral

Escala de persoal funcionario equivalente

III-02: Encargado/a administrativo/a, xefe/a de negociado, xefe/a de administración, xefe/a 2ª administración, administrador/a, secretario/a administrador/a residencia xuvenil, administrador/a de produción de centros, secretario/a de dirección do IGAEM, axudante/a de dirección e difusión da música, axudante/a de dirección e difusión do CDG

Corpo administrativo da Administración xeral da C.A. de Galicia (subgrupo C1)

III-05: Intendente, encargado/a de establecemento, encargado/a de almacén

III-32: Encargado/a de reprografía

III-33: Encargado/a supervisor de telefónica

III-38: Supervisor/a radioteléfono. Xefe/a sala CECOP

III-40: Axudante/a de produción

III-48: Axudante/a auxiliar inspección tributaria

III-62: Oficial/a 1ª administrativo/a, oficial/a administrativo/a, secretario/a administrativo/a administrativo/a provincial, administrativo/a agrupación, administrativo/a, inspector/a administrativo/a

III-04: Gobernante/a, gobernante servizos domésticos, encargado/a de lavadoiro, roupeiro

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a (subgrupo C1)

III-78: Subgobernante/a

III-01: Encargado/a de equipos mecánicos. Mecánico/a supervisor/a. Axente auxiliar de inspección. Contramestre

III-06: Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III-69: Oficial/a servizos técnicos. Oficial/a 1ª de mantemento. Oficial/a 1ª de oficios varios. Oficial/a de 1ª

III-82: Mecánico/a inspector. Oficial/a 1ª mecánico/a. Técnico/a auxiliar

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1)

O persoal da categoría profesional III-69 destinado no Instituto de Estudos do Territorio (IET) ou en calquera outra entidade recollida no artigo 45.a) da Lofaxga, con base nas funcións que desempeñe, funcionarízase no corpo administrativo da Administración xeral da C.A. de Galicia (subgrupo C1)

III-07: Técnico/a práctico/a en C. e vixilancia de obras, técnico/a

Corpo administrativo da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas (subgrupo C1)

 

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1)

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica de recursos naturais e forestais (subgrupo C1)

O persoal das categorías profesionais III-08 e III-67 destinado en Augas de Galicia funcionarízase no corpo administrativo da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade dominio público hidráulico (subgrupo C1)

III-08: Encargado/a xeral

III-09: Técnico/a práctico/a en control e vixilancia de obras, explotación e conservación de estradas

III-23: Celador/a de estradas, capataz de brigada

III-60: Auxiliar técnico/a de obra, auxiliar técnico/a de obra TIE

III-64: Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada

III-67: Capataz de obras, capataz cuadrilla, xefe/a equipo, oficial/a 1ª obra CTOP, capataz

III-11: Encargado/a agrario/a

III-68: Oficial/a 1ª agrario/a. Capataz agrario

III-80: Capataz establecemento

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica de recursos naturais e forestais (subgrupo C1)

III-14: Xefe/a de cociña

III-65: Oficial/a 1ª de cociña. Oficial/a 1ª cociñeiro/a Xefe/a cociña. Cociñeiro/a de 1ª

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica de cociña (subgrupo C1)

III-17: Analista de laboratorio

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1)

III-29: Delineante de 1ª

Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica de delineantes (grupo B)

III-30: Programador/a

Corpo administrativo da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica auxiliar de informática (subgrupo C1)

III-91: Técnico/a especialista en informática

III-49: Axente auxiliar de inspección de transportes

Corpo administrativo da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de axentes de inspección,

especialidade de mobilidade (subgrupo C1)

III-50: Técnico/a especialista en xardín de infancia

(técnicos/as superiores en educación infantil)

Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil (grupo B)

III-63: Oficial/a 1ª condutor. Condutores/as

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica de condución (subgrupo C1)

III-90: Animador/a sociocultural

Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade animación sociocultural (grupo B)

III-100: Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala técnica do SPDCIF, especialidade bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (grupo B)

Grupo IV.

Categoría profesional persoal laboral

Escala persoal funcionario equivalente

IV-01: Auxiliar gravación, oficial/a 2ª linotipista, auxiliar administrativo/a, oficial/a administrativo/a, técnico/a auxiliar de informática, operador/a maquinaria elemental, auxiliar

Corpo auxiliar da Administración xeral da C.A. de Galicia (subgrupo C2)

IV-17: Almaceneiro/a, despenseiro/a

IV-20: Conserxe

IV-22: Oficial/a segunda de reprografía

IV-28: Auxiliar produción-dirección

IV-30: Auxiliar de formación ocupacional

IV-32: Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais

IV-03: Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2)

IV-04: Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado

III-99: Coidador/a extinguir

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala auxiliar de coidadores (subgrupo C2)

O persoal que posúa a titulación necesaria para o acceso á escala de auxiliares de clínica pode optar á súa funcionarización na escala auxiliar de coidadores ou na escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2)

IV-05: Oficial/a 2ª de cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala auxiliar de cociña (subgrupo C2)

IV-06: Axudante/a de servizos técnicos. Oficial/a 2ª de establecemento.

IV-18: Oficial de segunda

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala auxiliar de mantemento (subgrupo C2).

IV-09: Oficial/a 2ª agrario

IV-40: Oficial/a 2ª forestal

IV-42: Oficial/a de establecemento

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala auxiliar de recursos naturais e forestais (subgrupo C2)

IV-11: Auxiliar de laboratorio

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala auxiliar de laboratorio (subgrupo C2)

IV-16: Condutor/a

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala auxiliar de condución (subgrupo C2)

IV-33: Bombeiro/a forestal condutor de motobomba

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala auxiliar do SPDCIF, especialidade bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba (subgrupo C2)

IV-35: Auxiliar de arquivos e bibliotecas

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade arquivos e bibliotecas (subgrupo C2)

IV-36: Auxiliar de museos

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos (subgrupo C2)

IV-43: Xerocultor/a

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C. A. de Galicia, escala de xerocultor/a (subgrupo C2)

IV-44: PSX

Corpo auxiliar da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de PSX (subgrupo C2)

V-09: Celador/a de 2ª. Vixilante de recursos naturais

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de gardas de recursos naturais (subgrupo C2)

Grupo V.

Categoría profesional persoal laboral

Escala persoal funcionario equivalente

V-03: Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a recepcionista, telefonista, sereno/a, garda

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da C.A.de Galicia, escala de persoal subalterno

V-10E: Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos

V-12: Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, mozo/a subalterno, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno

V-02: Axudante/a traballos ou oficios. Axudante/a albanel. Peón/oa especializado/a. Fontaneiro/a. Axudante/a. Hortelá/n. Axudante de traballos. Encargado/a xardín

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala de persoal de mantemento

V-01: Camareiro/a limpador/a. Axudante/a de cociña. Pasador/a de ferro. Costureiro/a. Cortador/a. Lavandeiro/a

V-11: Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a de cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal servizos xerais

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da C.A.de Galicia, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade persoal de limpeza e cociña

V-10B: Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala auxiliar do SPDCIF, especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a (subgrupo C2)

V-10C: Emisorista de defensa contra incendios forestais

V-08: Peón/oa agrario/a

V-10 F: Peón/oa forestal.

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da C.A.de Galicia, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade persoal de recursos naturais e forestais.

V-14: Bombeiro/a forestal

V-14A: Bombeiro/a forestal condutor/a

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da C.A. de Galicia, escala auxiliar do SPDCIF, especialidade bombeiro/a forestal (subgrupo C2)

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública