DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2025 Páx. 388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 18 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican actos administrativos ditados no expediente 2012/68/32.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada e que se indica no anexo, para notificarlle os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figuran no dito anexo.

O expediente atópase á disposición da dita persoa interesada ou da persoa que a represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, rolda da Muralla, 70, planta baixa onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións administrativas poderán ser recorridas ante o Xulgado de Primeira Instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, practicada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Igualdade, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte á notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, practicada por comparecencia, terá dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que xulgue procedente.

Lugo, 18 de novembro de 2024

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2012/68/32.

Persoa interesada: 34629175F.

Actos administrativos que se notifican:

– Resolución de establecemento de medida administrativa do 26 de setembro de 2024.

– Resolución de corrección de erros do 27.9.2024 da resolución de establecemento de medida administrativa do 26 de setembro de 2024.

– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 8 de novembro de 2024.