DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2025 Páx. 386

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefa de Unidade de atención Primaria da devandita área sanitaria, publicada por Resolución do 22 de outubro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 212, do 4 de novembro de 2024).

Convocada por Resolución do 22 de outubro de 2024 (DOG núm. 212, do 4 de novembro), a provisión dun posto de xefa de Unidade de Atención Primaria da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefa de Unidade de Atención Primaria da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, convocada pola Resolución do 22 de outubro de 2024 (DOG núm. 212, do 4 de novembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. A aspirante seleccionada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarada nesa situación polo órgano competente, se non se incorpora ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos expostos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

Denominación do posto: xefa de Unidade de Atención Primaria.

Servizo de Atención Primaria: Brión.

Nome e apelidos: Vanessa García-Ciudad Young.

DNI (*): ***5467**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.