DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2025 Páx. 392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Organización de productores de pesca fresca del puerto de Vigo.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Organización de productores de pesca fresca del puerto de Vigo.

(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: empresas que se dediquen á actividade de armadores dedicados á pesca fresca no segmento de pesca de altura e grande altura.

– Asinantes: Jacobo Baqueiro Meijide e Daniel Castro Gordejuela.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais