DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2025 Páx. 391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Psicólogos Clínicos do Servizo Galego de Saúde.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación de Psicólogos Clínicos do Servizo Galego de Saúde.

(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán formar parte da asociación as persoas especialistas en Psicoloxía Clínica que desempeñen funcións dentro do Servizo Galego de Saúde ou que formen parte das listas de contratación temporal do Servizo Galego de Saúde para a categoría de especialista en Psicoloxía Clínica.

– Asinantes: Marta González Rodríguez e Noelia Pita Fernández.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais