Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Celeiro, do 28 de novembro de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade dos establecementos de acuicultura que a seguir se describen:
Identificación e localización: granxa mariña no polígono de Cuíña, nº 154, Cervo (Lugo).
Superficie de dominio público marítimo-terrestre: 1.381,00 m2.
Superficie de dominio privado: 78.419,90 m2.
Data da resolución do outorgamento: 27.11.2000 (DOG núm. 38, do 22.2.2001).
Remate da vixencia: 4.12.2060.
Especies autorizadas: rodaballo (Scophtalmus maximus), linguado (Solea solea) e linguado senegalés (Solea senegalensis).
Identificación e localización: criadeiro no polígono de Cuíña, nº 154, Cervo (Lugo).
Superficie de dominio público marítimo-terrestre: 0,00 m2.
Superficie de dominio privado: 32.780,00 m2.
Data da resolución do outorgamento: 28.11.2001 (DOG núm. 8, do 11.1.2002).
Remate da vixencia: indefinida.
Código Rega: ES270130033501.
Especies autorizadas: rodaballo (Scophtalmus maximus), linguado (Solea solea) e linguado senegalés (Solea senegalensis).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actual titular: Acuidoro, S.L.U. (B15139785).
Nova titular: Stolt Sea Farm, S.A. (A28682987).
A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Viveiro, 28 de novembro de 2024
María Carmen Gueimunde González
Directora territorial de Celeiro
