En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Proquideza, S.L.
NIF: ***3546**.
Expediente: DH.A36.101770.
Volume total anual: 2800 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,556 l/s.
Destino: uso industrial.
Orixe: x = 569489; y = 4725410; (fuso 29 ETRS89).
Lugar: Polígono industrial Lalín 2000.
Parroquia: Filgueira (Santa María).
Concello: Lalín.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de auga dun pozo de barrena de 0,25 m de diámetro e 75 m de profundidade, sito na parcela de referencia catastral 9554703NH6295S0001YL, mediante bomba de 7,5 CV, e condución desta mediante tubaxe de diámetro 40 mm ata o interior da nave que se encontra na mesma parcela, para uso industrial.
O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
