En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: José González Vidal.
DNI: ***9041**.
Expediente: DH.A15.91196.
Volume total anual: 938,55 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,556 l/s.
Destino: doméstico e rega.
Orixe: x= 514316,7826, y= 4731171,2428; (fuso29 ETRS89).
Lugar: Fruíme.
Parroquia: Fruíme (San Martiño).
Concello: Lousame.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de auga dun pozo de barrena, situado na parcela de R.C. 15043A093000740000XK, mediante bomba somerxible, e a súa condución mediante tubaxe ata as parcelas 77 e 78 do polígono 93, para uso doméstico e rega.
O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
