Mediante a Orde do 16 de outubro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 206, do 24 de outubro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2, 8 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver, con observancia do procedemento debido, a convocatoria pública efectuada mediante a Orde do 16 de outubro de 2024 e adxudicarlle á persoa funcionaria de carreira indicada no anexo o posto que tamén se especifica, vista a proposta informe da persoa titular do centro directivo a que está adscrito o posto convocado sobre a apreciación da súa idoneidade para o desempeño do posto con respecto ás demais persoas solicitantes, e considerando que cumpre cos requisitos e coas especificacións que para o posto se exixen na relación de postos de traballo e, polo tanto, na convocatoria.
Segundo. O cesamento no destino actual efectuarase no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria pública de libre designación no Diario Oficial de Galicia ou, de ser o caso, segundo o establecido na normativa de aplicación na Administración de procedencia.
A toma de posesión da praza adxudicada deberá efectuarse no prazo de tres (3) días hábiles, a partir do día seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro. As dilixencias de cesamento e toma de posesión do persoal funcionario deberán ser tramitadas a través do sistema electrónico que xestiona o Rexistro Único de Persoal e de Postos de Traballo, de conformidade co establecido no artigo 7 do citado Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático
ANEXO
Apelidos e nome: Perales Garat, Gonzalo.
NRP/DNI: ******3513 A2066.
Grupo/subgrupo: A1.
Corpo e/ou escala: corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría de montes.
Código do posto: MA.C03.00.001.15770.015.
Denominación: Xefatura do Servizo de Intervención Ambiental.
Nivel: 28.
Centro de destino: Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O NRP/DNI encóntrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
