DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2025 Páx. 471

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a relación de proxectos premiados no concurso Eduemprende Idea 2024, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, convocado pola Orde do 11 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 23, do 1 de febreiro).

A Orde do 11 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 23, do 1 de febreiro) pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2024, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (código de procedemento TR880C), establece as bases e o procedemento para a adxudicación dos premios nas modalidades A e B.

En cumprimento do artigo 14 do procedemento previsto na Orde do 11 de xaneiro de 2024, unha vez ditada a Resolución do 25 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se acordou conceder os premios do Concurso Eduemprende Idea 2024, de acordo coa proposta de concesión que se recolle no anexo I da acta da reunión da Comisión de Avaliación, do 2 de decembro de 2024, sobre a concesión destes premios,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a concesión dos premios aos proxectos de empresa seleccionados no concurso Eduemprende Idea 2024, nas modalidades A e B, que figuran no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo establece o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2024

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

ANEXO

Modalidade A: ciclos de grao superior.

Proxecto

Centro educativo

Premio

Importe

Maia

CIFP Politécnico de Santiago

Primeiro premio

3.000,00 €

Amphora

IES A Guía

Segundo premio

2.000,00 €

Seacaps

CIFO Fontecarmoa

Terceiro premio

1.000,00 €

Modalidade B: ciclos de grao medio.

Proxecto

Centro educativo

Premio

Importe

Junega

CIFP Paseo das Pontes

Primeiro premio

3.000,00 €

Floutin City

CIFP Portovello

Segundo premio

2.000,00 €

Road Washer

CIFP Politécnico de Santiago

Terceiro premio

1.000,00 €