DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2025 Páx. 429

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024 pola que se publica a adxudicación dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24, convocados pola Orde do 24 de xullo de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 150, do 5 de agosto).

A Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311F) (DOG número 150, do 5 de agosto), establece no seu artigo 14.3 que a persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, quen emitirá a correspondente resolución de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicadas no portal educativo as puntuacións provisionais e definitivas obtidas polas persoas candidatas, vistas as actas do xurado de selección dos premios extraordinarios e por proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlle os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24, ao alumnado que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Esta resolución de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG número 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO

Premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2023/24

Ámbito de música:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Teijeira Pérez, Candela

Conservatorio Profesional de Música de Vigo

Saxofón

***2942**

1.000 €

Armán Vilariño, Álex

Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño

Piano

***2692**

1.000 €

Figueroa Romero, Irene

Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga

Clarinete

***2922**

1.000 €

Ámbito de danza:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

González Sánchez, Sofía

Conservatorio Profesional de Danza da Coruña

Danza clásica

***3733**

1.000 €

Ámbito de artes plásticas e deseño:

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Villamarín García, Tania

Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

Cerámica artística

***9355**

1.000 €

González Otero, Violeta

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

Ilustración

***9800**

1.000 €