Aprobado provisionalmente polo Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, en sesión que tivo lugar o 28 de decembro de 2024, o censo electoral correspondente á elección de cargos do 29 de marzo de 2025, comprensivo dos colexiados que cumpren os requisitos do artigo 42º dos estatutos, en cumprimento do establecido no artigo 46º, exponse ao público durante un prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do último inserido no Diario Oficial de Galicia e nas páxinas autonómicas dun dos xornais de maior difusión de Galicia, para que os interesados presenten as reclamacións que consideren oportunas a través do Rexistro Xeral da sede colexial.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2024
Avelino J. Sanmartín Caamaño
Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia
