Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e á retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, están á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Así mesmo, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade a través de https://viveiro.sedeelectronica.es
Acto que se vai notificar: xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas (expediente 7873/2024).
|
Referencia catastral |
27067A037017820000XO |
|
Situación |
Polígono 37, parcela 1782, A Ponte Landrove. Viveiro (Lugo) |
|
Persoa responsable/DNI/CIF |
Titular descoñecido |
Viveiro, 12 de decembro de 2024
María Loureiro García
Alcaldesa
