DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2025 Páx. 510

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Catálogo do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) na unidade edificatoria 511224 (rúa do Franco, 56).

O Pleno da Corporación do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o 26 de setembro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual do Catálogo do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) no ámbito da unidade edificatoria 511224 (rúa do Franco, 56), formulada de oficio polo Concello de Santiago de Compostela, co obxecto de incorporar na ficha de catalogación a pintura mural de Urbano Lugrís existente no local da planta baixa.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), para os efectos de inscribir a modificación puntual do catálogo no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG), a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual do Catálogo do PE-1, poderase interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024

A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica