DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2025 Páx. 508

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública relativa á aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de ámbito municipal, para a delimitación dunha área de núcleo rural de Vilar do Mato (MPNNSSPP/SNR Vilar do Mato).

Por acordo do Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de novembro de 2024, aprobouse inicialmente o documento de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de ámbito municipal, para a delimitación dunha área de núcleo rural de Vilar do Mato, coa corrección do erro material no índice do documento (carpeta non editable 00_INDEX), asinados electronicamente o 7 de outubro de 2024 e o 27 de novembro de 2024, pola arquitecta Delia Prado Figueroa, cos efectos de suspensión de licenzas conforme o disposto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) e 86.2 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG) e, en coordinación cos prazos do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) aprobado inicialmente.

De conformidade co disposto nos artigos 78.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 191.1.b) do Regulamento da Lei 2/2016, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública, mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e, nos xornais Faro de Vigo e La Voz de Galicia, durante o prazo de dous meses, contado a partir do seguinte ao da última publicación. Durante este prazo poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co expediente sometido a información pública. A documentación íntegra aprobada inicialmente pódese consultar na web do Concello de Redondela (www.redondela.gal). Área urbanismo.

Redondela, 4 de decembro de 2024

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa