DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2025 Páx. 792

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 12 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento PE201B).

BDNS (Identif.): 805153.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas que sexan pemes do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura ou ser unha entidade asociativa do sector transformador dos produtos pesqueiros e acuícolas.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para investimentos en peme de transformación dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura, que terán como finalidade realizar investimentos que:

1. Fomenten a calidade e valor engadido dos produtos.

2. Aumenten a eficiencia enerxética, reduza o impacto no ambiente ou melloren a mobilidade sustentable da distribución de produtos da pesca.

3. Melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo.

4. Favoreza a economía circular mediante a prevención; a optimización de procesos; a minimización dos residuos (ecodiseño e ecoeficiencia); o aproveitamento comercial das capturas non desexadas e subprodutos; o uso de descartes para o desenvolvemento de subprodutos; a transformación de capturas de peixe comercial que non poidan destinarse ao consumo humano e a transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.

5. Fomenten a transformación de produtos da acuicultura ecolóxica en virtude dos artigos 7 e 8 do Regulamento (CE) nº 2018/848.

6. Fomenten a adaptación dos operadores aos requisitos de cumprimento e certificación de acordo ao Regulamento (UE) nº 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello ou o Regulamento (UE) nº 2018/848 no relativo a produtos de acuicultura ecolóxica.

7. Dean lugar a novos e mellores produtos e procesos, ou a sistemas de xestión e organización perfeccionados en materia de transformación dos produtos.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 12 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento PE201B).

Cuarto. Importe

As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 16.02.723B.770.6 correspondentes á Consellería do Mar para 2025. Os importes máximos das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario será de 10.000.000,00 €, distribuídos nas seguintes anualidades:

Anualidade 2025: 2.114.334,00 de euros.

Anualidade 2026: 7.885.666,00 de euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte á publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar