DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2025 Páx. 816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 17 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo, no expediente PR 204A 2024/5119-2 e seis máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Lugo, 17 de decembro de 2024

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR 204A 2024/5119-2

Y4949747T

PR 204A 2024/5191-2

55313500H

PR 204A 2024/5202-2

X7795202L

PR 204A 2024/5235-2

X7795202L

PR 204A 2024/5279-2

34287079J

PR 204A 2024/5373-2

120395253

PR 204A 2024/5553-2

34976747A