De conformidade co sinalado no punto V.2. das bases aprobadas mediante a Resolución do 6 de febreiro de 2023, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, pola que se modifica a Resolución do 28 de decembro de 2022, sobre convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas prazas de persoal laboral referenciadas no anexo do Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria das prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia:
«Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal ou comisión de selección publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de persoas aspirantes que o superaron, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal laboral fixo».
Con data do 15 de setembro de 2023, o tribunal de selección aprobou a resolución relativa á relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación, e propón á directora-xerente o nomeamento das persoas que figuran no anexo I como persoal laboral fixo da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
En relación co posto de oficial administrativo/a 1º, por circunstancias acaecidas con posterioridade a aquela proposta, e que afectaron a persoa primeiramente nomeada, unido ao feito da renuncia expresa da seguinte persoa que optaba ao posto por orde de puntuación, sobre aquela proposta realizada polo tribunal de selección realízase a oportuna corrección a favor da terceira persoa da lista.
Polo anteriormente exposto, a directora-xerente, en uso das facultades sinaladas nas bases, considerando a proposta realizada polo tribunal de valoración, e que o número non supera o de prazas convocadas,
ACORDA:
Primeiro. Nomear persoal laboral fixo da Fundación Cidade da Cultura de Galicia as persoas aspirantes que se relacionan na proposta formulada polo tribunal de selección, do 15 de setembro de 2023, publicada no portal web da Fundación (coa modificación no que atinxe ao posto de oficial administrativo/a 1º), e que figuran no anexo I desta resolución.
Segundo. As persoas nomeadas como persoal laboral fixo disporán dun prazo dun mes para a formalización do contrato laboral. O prazo comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Para asegurar a cobertura das vacantes, de producirse renuncias por parte das persoas seleccionadas antes da formalización do contrato, o órgano convocante poderá requirir, por orde de puntuación, as persoas seguintes para a formalización dos contratos laborais.
Contra esta resolución poderá interpoñerse, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición, ante o propio órgano convocante, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados dende a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 39/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024
Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia
ANEXO I
Nomeamento como persoal laboral fixo. Proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021. Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
|
Posto Arquitecto/a |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***6867** |
Antonio Maroño Cal |
|
Posto Auxiliar administrativo |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***8585** |
Rafael Guerra Barral |
|
2 |
***4692** |
Sandra Mouronte Ferreirúa |
|
Posto Auxiliar produción |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***4730** |
Celia Fernández Rico |
|
Posto Coordinador/a área visitas/eventos |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***0811** |
Baldomero Recouso García |
|
Posto Encargado/a estruturas escénicas |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***3322** |
Xulio Rodríguez Cordeiro |
|
Posto Encargado/a traballos oficina técnica |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***2383** |
Sausan El Shami Martínez |
|
Posto Oficial 1ª administrativo/a |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***7748** |
María Inés Suárez Santos |
|
Posto Oficial 2ª administrativo/a |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***1026** |
Deborah Baltar Cerviño |
|
Posto Oficial 2ª administrativo/a-secretaría de dirección |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***5644** |
Esperanza Guede Teixeira |
|
Posto Técnico/a economista experto/a entidades sen fins lucro |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***7280** |
María Ángeles Navia Giráldez |
|
2 |
***9006** |
María Luisa Miramontes Otero |
|
Posto Técnico/a especialista en deseño gráfico |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***4971** |
Roi Fernández Pérez |
|
Posto Técnico/a especialista eventos |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***8146** |
Tania Gey Vázquez |
|
Posto Técnico/a especialista patrocinios e relacións externas |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***9386** |
Silvia García Díaz |
|
Posto Técnico/a especialista en servizos educativos e mediación |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***3284** |
Paula Toimil Mato |
|
2 |
***1175** |
Rafael Ángel Lens Villaverde |
|
3 |
***5103** |
Miguel Ángel Cajigal Vera |
|
4 |
***6002** |
Xoán Escudero Rodríguez |
|
Posto Técnico/a responsable emprendemento |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***6015** |
Berta Álvarez-Buylla Falces |
|
Posto Técnico/a xestión exposicións |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***9105** |
Carmen Menéndez Montero |
|
2 |
***7537** |
Verónica Santos Farto |
|
3 |
***4045** |
María del Mar Angosto Acuña |
|
Posto Técnico/a xurídico experto/a entidades sen fins lucro |
||
|
Número |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***9887** |
Mónica Pazos Pérez |
