DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2025 Páx. 854

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nogueira de Ramuín

ANUNCIO de aprobación da modificación por ampliación da oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal conforme a Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Polo Decreto da Alcaldía con data do 20 de novembro de 2024 (nº 2024-0428), resolveuse aprobar a modificación do Decreto de Alcaldía, con data do 19 de maio de 2022 (nº 2022-145) por ampliación da oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal conforme a Lei 20/2021, do 28 de decembro, engadindo a seguinte praza/posto:

Denominación da praza

Réxime xurídico

Nº de prazas

Sistema de selección

Técnico de urbanismo

Laboral

1

Concurso D.A. 6ª e 8ª Lei 20/2021

O que se fai público para xeral coñecemento.

Contra este acto administrativo, que é definitivo en vía administrativa, poden os interesados interpor potestativamente un recurso de reposición no prazo dun mes de conformidade aos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se optase pola interposición de recurso potestativo de reposición non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio, sen prexuízo de que poida interpor outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Nogueira de Ramuín, 11 de decembro de 2024

Julio Carlos Temes Pereira
Alcalde