A Orde do 17 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2023/24 en centros públicos de Galicia establece, no seu artigo 13, que unha vez efectuada a selección o órgano instrutor elevará un informe-proposta ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para a adxudicación dos premios mediante a correspondente resolución para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nos premios fin de carreira e visto o informe-proposta do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, órgano encargado da ordenación e instrución deste procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia, para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2023/24 en centros públicos de Galicia, ao alumnado que figura no anexo I desta resolución.
Segundo. Publicar no anexo II a listaxe das persoas que non obtiveron premio fin de carreira segundo as bases reguladoras da Orde do 17 de setembro de 2024.
Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
ANEXO I
Listaxe das persoas beneficiarias dos premios fin de carreira en ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia e contía
Modalidade de Arte Dramática
|
Apelidos e nome |
NIF |
Especialidade |
Centro |
Contía |
|
Villaverde García, Susana |
***8860** |
Dirección escénica e dramaturxia |
ESAD de Galicia |
3.500 € |
Modalidade de Deseño
|
Apelidos e nome |
NIF |
Especialidade |
Centro |
Contía |
|
García Martínez, Andrea |
***9349** |
Interiores |
EASD Antonio Faílde |
3.500 € |
|
Mosquera Conde, Luis |
***0738** |
Gráfico |
EASD Pablo Picasso |
3.500 € |
Modalidade de Música
|
Apelidos e nome |
NIF |
Especialidade |
Centro |
Contía |
|
Placer Espiñeira, Ángela |
***2948** |
Composición |
CMUS Superior de Vigo |
3.500 € |
|
Soto López, Efrén |
***5653** |
Interpretación (vento madeira, saxofón) |
CMUS Superior da Coruña |
3.500 € |
ANEXO II
Listaxe das persoas que non obtiveron premio fin de carreira con base no establecido na Orde do 17 de setembro de 2024
Modalidade de Deseño
|
Apelidos e nome |
NIF |
Especialidade |
Centro |
|
Calvo Martí, Manuel Miguel |
***9591** |
Produto |
EASD Mestre Mateo |
|
García Collazos, Jennifer Tatiana |
***2905** |
Gráfico |
EASD Ramón Falcón |
|
González Barral, Yara |
***2166** |
Moda |
EASD Mestre Mateo |
|
Permuy Gamallo, Cristina |
***1833** |
Moda |
EASD Mestre Mateo |
|
Ramírez Ureña, Mariana Carolina |
***7669** |
Gráfico |
EASD Pablo Picasso |
|
Rubido Pernas, Lucía |
***2272** |
Gráfico |
EASD Ramón Falcón |
|
Tre Polo, Adrián |
***2682** |
Gráfico |
EASD Ramón Falcón |
Modalidade de Música
|
Apelidos e nome |
NIF |
Especialidade |
Centro |
|
Aldao López, Jorge Manuel |
***0830** |
Interpretación (vento madeira, clarinete) |
CMUS Superior da Coruña |
|
Aramburu García, Celia |
***8129** |
Pedagoxía (pedagoxía xeral e da linguaxe musical) |
CMUS Superior da Coruña |
|
Martínez Temperán, Raúl |
***6178** |
Interpretación (vento madeira, clarinete) |
CMUS Superior de Vigo |
|
Otero Ferreira, Martín |
***2624** |
Interpretación (jazz, piano) |
CMUS Superior da Coruña |
|
Paniagua González, Óscar |
***4418** |
Interpretación (piano) |
CMUS Superior de Vigo |
|
Petisco Fernández, Andrea |
***9973** |
Pedagoxía (pedagoxía xeral e da linguaxe musical) |
CMUS Superior da Coruña |
|
Pinos Fernández, Amanda |
***6000** |
Pedagoxía (pedagoxía xeral e da linguaxe musical) |
CMUS Superior da Coruña |
