Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA TRO703 Trasiego-Barreiro 3 desde o apoio A1NI7PC9//52-5 e o CT Cidadelle 36CC46, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 18 de decembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/398-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA TRO703 Trasiego-Barreiro 3 desde o apoio A1NI7PC9//52-5 e o CT Cidadelle 36CC46.
Concello: Redondela.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
2 |
36A45A053002780000WP |
Louriña |
Descoñecida |
6 de maio de 2025 |
12.00 |
