DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2025 Páx. 1268

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO relativo á oferta de emprego público do Concello de Cuntis para o ano 2024.

Expediente núm.: 1425/2024.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 2024, acordou aprobar a oferta de emprego público do Concello de Cuntis para o exercicio 2024, e dispuxo a súa publicación no Diario Oficial de Galicia con especificación das prazas incluídas e a súa clasificación.

En cumprimento do citado acordo, publícase a oferta de emprego público do Concello de Cuntis para o ano 2024:

«(...)

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2024 integrada polas seguintes prazas:

Persoal funcionario:

Grupo/subgrupo

Escala/subescala

Nivel complemento de destino

Complemento específico mensual (último percibido)

Denominación

C/C1

Escala Administración xeral, subescala administrativa

20

493,31 €

Administrativo/a

C/C1

Escala Administración xeral, subescala administrativa

18

493,31 €

Administrativo/a

Segundo. Publicar a oferta de emprego público para o ano 2024 no taboleiro de anuncios da Corporación, na sede electrónica deste concello (http://concellodecuntis.sedelectronica.gal), no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Dar traslado do presente acordo á Administración autonómica e á Administración xeral do Estado para os efectos do establecido no artigo 56.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Cuarto. Convocar as prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego público para o ano 2024 dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación.

(...)»

Recursos:

Contra o acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o concelleiro de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, ao abeiro do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 8-1 e 46-1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interpoñer o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, e poderán entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1) e 4) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedente conforme a dereito.

Cuntis, 16 de decembro de 2024

Manuel Campos Velay
Alcalde