En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.
a) Os Puchos, SAT nº 1363 Xuga, cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Granxa Os Puchos, S.L., segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 10 de outubro de 2024, realizada ante notario.
b) Andión, SAT nº 1009 Xuga, cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Finca Andión, S.L., segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 30 de setembro de 2024, elevada a público o 25 de outubro de 2024.
c) San Xulián, SAT nº 1003 Xuga, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 18 de setembro de 2024, que ratifica a do 25 de maio de 2024, e nomeamento da comisión liquidadora.
d) Privar, SAT nº 1190 Xuga, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 19 de novembro de 2024, e nomeamento da comisión liquidadora.
e) Méndez, SAT nº 916 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 4 de novembro de 2024, finalizada a liquidación e aprobado o balance final correspondente á disolución e o nomeamento da comisión liquidadora acordada na asemblea xeral do 4 de novembro de 2024.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
