DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2025 Páx. 1566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de decembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Taboadelo e Chan do Casal (Ponte Caldelas), respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22114).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 27 de novembro de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Taboadelo e Chan do Casal (Ponte Caldelas), respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22114).

Feitos:

Primeiro. O 30.9.2022 o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Taboadelo presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co número de entrada 2022/2404672, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Taboadelo e a CMVMC de Chan do Casal (Ponte Caldelas).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslinde son:

– MVMC de Taboadelo (ID monte: 3065) da CMVMC de Taboadelo.

– MVMC de Chan do Casal (ID monte: 3056) da CMVMC de Chan do Casal.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do deslindamento o 3.6.2022.

• Acta de conciliación número 50/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas o 23.9.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Taboadelo coa conformidade do presidente do 9.8.2022 da aprobación en asemblea do 28.6.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Chan do Casal coa conformidade do presidente do 9.8.2022 da aprobación en asemblea do 10.7.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM, zona 29N EPSG: 25829, asinada o 30.9.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 1333 do COETF de Galicia. As emendas realizadas producen a modificación desta.

• Informe de validación gráfica catastral con CSV: ZXHE8S3QFHS9C2HM (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1161 metros, e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1: x: 536.166,43 y: 4.691.855,20

Punto 2: x: 536.102,62 y: 4.691.810,19.

Punto 3: x: 536.070,06 y: 4.691.747,72

Punto 4: x: 536.022,77 y: 4.691.664,60

Punto 5: x: 535.950,04 y: 4.691.552,92

Punto 6: x: 535.869,19 y: 4.691.426,33

Punto 7: x: 535.769,15 y: 4.691.318,12

Punto 8: x: 535.616,81 y: 4.691.178,95

Punto 9: x: 535.457,69 y: 4.690.936,09

No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público da estrada (S1, S2), polo que nestes tramos non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente). Se a liña de deslindamento atravesa pequenos regatos deberá respectar o dominio público hidráulico.

Punto S1: x: 536.152,78 y: 4.691.845,57

Punto S2: x: 536.143,81 y: 4.691.839,24

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambas.

O deslindamento está formado por dous tramos:

Tramo 1: punto 1-punto S1.

Tramo 2: punto S2-punto 9.

O punto 9 invade lixeiramente o actual esbozo da CMVMC de Comboa e Romariz pero achegan certificado do 15.1.2024 do secretario da CMVMC de Comboa e Romariz da aprobación en asemblea xeral do 9.12.2023 en que dá a conformidade.

A liña do deslindamento non respecta exactamente a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. Ambas as CMVMC realizan un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Esta resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Taboadelo e a CMVMC de Chan do Casal (Ponte Caldelas) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 18 de decembro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra