Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 27 de novembro de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Chan do Casal e Sobreiro (Ponte Caldelas), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22117).
Feitos:
Primeiro. O 30.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Chan do Casal presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2406670 solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Chan do Casal (Ponte Caldelas) e a CMVMC de Sobreiro (Ponte Caldelas).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Chan do Casal (ID monte: 3056) da CMVMC de Chan do Casal.
– MVMC de Sobreiro (ID monte: 3057) da CMVMC de Sobreiro.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:
• Acta do deslindamento o 9.6.2022.
• Acta de conciliación núm. 51/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas o 23.9.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de Chan do Casal coa conformidade do presidente do 9.8.2022 da aprobación na Asemblea do 10.7.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de Sobreiro coa conformidade do presidente do 7.10.2024 da aprobación na Asemblea do 22.7.2022.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado pola enxeñeira técnico forestal colexiada núm. 1333 do COETF de Galicia o 30.9.2022. As emendas realizadas producen a súa modificación.
• Informe de validación gráfica catastral con CSV: 8MMMQA2YNGS53NYR (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.522 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto 1: x: 535.860,18 y: 4.692.676,8
Punto 2: x: 535.846,07 y: 4.692.599,29
Punto 3: x: 535.829,52 y: 4.692.539,93
Punto 4: x: 535.800,81 y: 4.692.443,30
Punto 5: x: 535.750,44 y: 4.692.321,18
Punto 6: x: 535.647,86 y: 4.692.149,34
Punto 7: x: 535.585,55 y: 4.692.047,78
Punto 8: x: 535.523,35 y: 4.69.1948,26
Punto 9: x: 535.473,51 y: 4.691.864,14
Punto 10: x: 535.405,45 y: 4.691.814,79
Punto 11: x: 535.333,89 y: 4.691.763,83
Punto 12: x: 535.278,39 y: 4.691.724,76
Punto 13: x: 535.191,30 y: 4.691.763,83
Punto 14: x: 535.044,24 y: 4.6915.55,91
A liña de deslindamento proposta inicialmente establecía tres puntos máis (punto 15, punto 16 e punto 17). Estes puntos non respectan o esbozo da CMVMC de Pontesampaio, polo que non se teñen en conta neste deslindamento.
No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público da estrada (S1, S2) e outros dous para respectar o dominio público hidráulico (S3, S4), polo que nestes tramos non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).
Punto S1: x: 535.747,17 y: 4.692.315,71
Punto S2: x: 535.744,09 y: 4.692.310,54
Punto S3: x: 535.337,27 y: 4.691.766,24
Punto S4: x: 535.336,45 y: 4.691.765,65
No traballo de gabinete establécese un punto de deslindamento secundario (S5) para respectar a superficie clasificada da CMVMC de Pontesampaio.
Punto S5: x: 535.747,17 y: 4.692.315,71
O punto 1 do deslindamento invade a parcela catastral con titularidade particular 36043A04900146, queda xustificada pola imprecisión da cartografía catastral e pola existencia dun muro que delimita coa dita parcela.
Do punto 12 ao punto S5 invádese lixeiramente o esbozo de Raña e Aluncia pero achegan o certificado do 7.10.2024 do secretario da CMVMC de Raña e Aluncia coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral que dá a conformidade.
Polo tanto, o deslindamento entre ambos os MVMC non afecta terceiros propietarios.
O deslindamento está formado por tres tramos:
Tramo 1: punto 1-punto S1.
Tramo 2: punto S2-punto S3.
Tramo 3: punto S4-punto S5.
A liña do deslindamento respecta exactamente a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Ponte Caldelas e Pontevedra.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación:
– A CMVMC de Sobreiro: o Servizo de Montes de oficio realiza un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente con base no perímetro presentado dunha proposta de revisión de esbozo.
– A CMVMC de Chan do Casal: presenta un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría existente.
A modificación cartografía dos esbozos de clasificación dos montes veciñais das CMVMC de Raña e Aluncia e da CMVMC de Sobreiro debe realizarse mediante algún dos expedientes previstos na lexislación para adaptar as superficies actualmente recollidas no Rexistro de MVMC de Pontevedra da CMVMC de Sobreiro.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Esta resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Chan do Casal e a CMVMC de Sobreiro, ambas no concello de Ponte Caldelas, respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 18 de decembro de 2024
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común
