DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2025 Páx. 1575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de decembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Mourentán (Arbo) e Cerdeiras (As Neves), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22099).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 27 de novembro de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Mourentán (Arbo) e Cerdeiras (As Neves), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22099).

Feitos:

Primeiro. O 29.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Mourentán presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2394364 solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Mourentán (Arbo) e a CMVMC de Cerdeiras (As Neves).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Mourentán (ID monte: 2446) da CMVMC de Mourentán.

– MVMC de Cerdeiras (ID monte: 2920) da CMVMC de Cerdeiras.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do deslindamento o 12.7.2022.

• Acta de conciliación núm. 7/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Arbo o 15.11.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Mourentán coa conformidade do presidente do 19.9.2022 da aprobación na Asemblea do 18.9.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Cerdeiras coa conformidade do presidente do 10.7.2023 da aprobación na Asemblea do 14.8.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 26.9.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 6318 do COETF de Galicia.

Terceiro. O punto de deslindamento proposto é o seguinte:

Punto P.01- x: 553.446,58 y: 4.666.712,45

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que non existe colindancia entre ambas as comunidades. O dito punto queda xustificado polos expedientes de revisión de esbozo da CMVMC de Mourentán (RE 22064) e da CMVMC de Cerdeiras (RE22012).

O punto de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. Os expedientes de revisión de esbozo RE22064 e RE22012 xa recollen o actual punto de deslindamento.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Esta resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Mourentán (Arbo) e a CMVMC de Cerdeiras (As Neves) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 18 de decembro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común